Jessica Tandy
Jessica Alice Tandy, nada en Londres o 7 de xuño de 1909 e finada en Easton, Connecticut o 11 de setembro de 1994, foi unha actriz estadounidense nada no Reino Unido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira en Londres aos dezaoito anos e rodou algúns filmes no Reino Unido, pero tras divorciarse do actor Jack Hawkins marchou aos Estados Unidos, traballando tanto no teatro coma na radio, para pasar logo á televisión.
Debutou no cinema norteamericano en 1944 en The Seventh Cross. Dous anos despois participou en The Green Years, onde interpretaba a filla do seu marido, o actor Hume Cronyn.
Foi a protagonista da primeira representación de A Streetcar Named Desire.
A súa carreira cinematográfica seguiu de forma esporádica nas seguintes décadas. En 1989 protagonizou Paseando a Miss Daisy, coa que gañou o Oscar á mellor actriz, sendo a actriz de máis idade en gañalo.
Finou en 1994.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1932 | The Indiscretions of Eve |
| 1938 | Murder in the Family |
| 1944 | The Seventh Cross |
| 1945 | The Valley of Decision |
| 1946 | Dragonwyck |
| 1946 | The Green Years |
| 1947 | Forever Amber |
| 1948 | A Woman’s Vengeance |
| 1950 | September Affair |
| 1951 | The Desert Fox: The Story of Rommel |
| 1958 | The Light in the Forest |
| 1962 | Hemingway’s Adventures of a Young Man |
| 1963 | Os paxaros |
| 1976 | Butley |
| 1981 | Honky Tonk Freeway |
| 1982 | The World According to Garp |
| 1982 | Still of the Night |
| 1982 | Best Friends |
| 1984 | The Bostonians |
| 1985 | Cocoon |
| 1987 | Os nosos marabillosos aliados |
| 1988 | The House on Carroll Street |
| 1988 | Cocoon: The Return |
| 1989 | Paseando a Miss Daisy |
| 1991 | Fried Green Tomatoes |
| 1992 | Romance de outono |
| 1994 | Nobody’s Fool |
| 1994 | Camilla |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jessica Tandy |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jessica Tandy na IMDb (en inglés).
