O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero.[1] Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.[2][3]
Máis que prescribir a nomenclatura botánica aceptada, o que fai o IPNI é proporcionar nomes que aparecesen en publicacións eruditas co obxectivo de prover dun índice de nomes publicados.[2]The Plant List é un proxecto complementario iniciado en 2010, que pretende determinar cales son os nomes aceptados das especies. O uso do IPNI é gratuíto.
Un proxecto similar, que fai unha listaxe de nomes de fungos, é o Index Fungorum.