close
Saltar ao contido

Illa Jabat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Jabat
Imaxe
 Parte de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
112 (1999)
84 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   0,52 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1,1 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   0,57 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/06gkqt Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Jabat (Jabwot ou Jabot) é unha illa no océano Pacífico dentro da cadea Ralik nas Illas Marshall. Forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 0´6 km², e ten unha lonxitude de 1´2 km. Atópase a 12 km. do atol Ailinglaplap. A diferenza da maioría das outras illas das Illas Marshall, Jabat é unha illa rochosa en lugar dun atol de coral, aínda que rodeada dun areccife de coral e dunha franxa de augas pouco profundas que se estenden por varios quilómetros máis aló do arrecife cara ao norte e o sur. A poboación da illa Jabat era de 112 habitantes en 1998.

Jabat foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]