close
Saltar ao contido

Illa Ellis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Ellis
Imaxe
(2006)
Tipoilla
Monumento nacional dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaMonumento Nacional da Estatua da Liberdade Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaNova Jersey, Estados Unidos, Manhattan, Estados Unidos e condado de Hudson, Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°41′58″N 74°02′23″O / 40.6994, -74.0397
Bañado porbaía Upper New York Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1,5 acre
27,5 acre Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data12 de abril de 2017
Identificador6233
Lugares Históricos Máis Ameazados dos Estados Unidos
Data1997
Lugares Históricos Máis Ameazados dos Estados Unidos
Data1992
Actividade
Usoinstalación e inmigración Editar o valor en Wikidata
OperadorServizo Nacional de Parques Editar o valor en Wikidata

Sitio webnps.gov… Editar o valor en Wikidata

A illa Ellis é unha illa situada na foz do río Hudson e a menos dun quilómetro de distancia da illa da Liberdade, que acolle a Estatua da Liberdade.[1]

Vídeo de inmigrantes chegando á illa Ellis.

É principalmente coñecida por ser, durante a primeira metade do século XX, a principal entrada dos inmigrantes que chegaban ós Estados Unidos de América. Os servizos de inmigración do país funcionaron na illa dende o 1 de xaneiro de 1892 até o 12 de novembro de 1954.

Administración

[editar | editar a fonte]

A illa é administrada polo goberno federal e forma parte do monumento nacional da Estatua da Liberdade, baixo a xurisdición do Servizo Nacional de Parques e tamén acolle un museo. Territorialmente, é compartida entre as cidades de Nova York no estado de Nova York e Jersey City en Nova Jersey. A illa Ellis tamén foi suxeito dunha querela de fronteira entre os dous estados americanos.

Superficie

[editar | editar a fonte]

Segundo a oficina de estatísticas dos Estados Unidos, a illa ten unha superficie oficial de 129619 m², sendo a maior parte dela creada de xeito artificial. A porción natural da illa, que se atopa no territorio da cidade de Nova York, ten 21458 m² e está completamente arrodeada pola parte artificial. Porén, máis do 83% da superficie da illa atópanse en territorio da cidade de Jersey.

  1. "Proclamation 3656—Adding Ellis Island to the Statue of Liberty National Monument". www.presidency.ucsb.edu; The American Presidency Project. Consultado o 2023-01-29.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]