close
Saltar ao contido

Havelda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Havelda
Clangula hyemalis
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
BERJAYA
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
XéneroClangula
EspecieClangula hyemalis Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Clangula hyemalis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   0,71 m Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Endémico en
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01lhcb Editar o valor en Wikidata
ITIS175147 Editar o valor en Wikidata
OTT316879 Editar o valor en Wikidata
UICN22680427 Editar o valor en Wikidata
CoL5YVVD Editar o valor en Wikidata
EOL45510598 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A havelda[1], que na produción lexicográfica galega tamén recibiu os nomes de pato rabeiro,[2] e parrulo rabudo,[3] Clangula hyemalis, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos (patos mariños).

É a única especie viva do xénero Clangula.

Propia das rexións frías de Eurasia e Norteamérica, en Galicia aparece como invernante esporádico.[3]

É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie describiuna cientificamente Carl von Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co nome de Anas hyemalis.[4][5][6]

Posteriormente foi trasladada a un xénero propio, Clangula, creado por William Elford Leach en 1819.[7]

Non se reconocen subespecies diferenciadas.[8]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía do nome do seu xénero procede do verbo latino clangere, 'resoar' ao que se lle engade a partícula diminutiva -ula, orixinando este termo neolatino, clangula, que fai referencia á súa voz.[9]

O seu nome específico é unha forma alternativa de escribir a palabra hiemālis, que en latín significa 'invernal'.[10]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5][6]

  • Anas glacialis
  • Anas hyemalis Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Clangula glaucion
  • Clangula hiemalis
  • Fuligula glacialis
  • Nyroca hyemalis (Linnaeus, 1758)

Características

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Macho e femia en primavera.
BERJAYA
Macho con plumaxe de outono.

Os adultos miden entre 41 e 60 cm de lonxitude, cunha envergadura alar de 72 a 80 cm, e un peso entre 450 e 1030 g. A plumaxe dos adultos varía bastante ao longo do ano, a causa dun complexo proceso de muda, mantendo constante unicamente o branco das partes inferiores do corpo.

O macho ten unha cola longa, estreita e en punta, de 10 a 15 cm de lonxitude e un bico gris anegrado cruzado por unha banda rosa. En inverno, ten un padrón de plumaxe branco e negro, pero é branco na súa maioría con excepción das ás, dorso, cola e unha gran mancha arredondada da meixela. En verán a cabeza e pescozo vólvenselle negros, mantendo o branco só na face; e as súas partes superiores fanse de tons pardos escuros. En outono poden observarse cun padrón intermedio cunha mancha branca na parte posterior do píleo. A femia ten plumaxe de tons pardos nas partes superiores e a cola relativamente curta e en punta. En inverno gran parte da cabeza e pescozo son brancos, agás a meixela e o píleo, que son de cor parda escura. En verán a cabeza vólvese parda case na súa totalidade. En outono mantén os laterais da cabeza e pescozo brancos e a súa meixela faise máis clara. Os xuvenís de ambos os sexos teñen unha plumaxe similar ás femias en verán.

Especie fósil

[editar | editar a fonte]

Coñécese unha especie fósil deste xénero do Mioceno medio (de hai 12 ou 13 millóns de anos), encontrada en Hungría.[11]

Distribucíón e hábitat

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Macho con plumaxe de inverno en voo.
BERJAYA
Femia chocando os ovos no niño.
BERJAYA
Ovos de Clangula hyemalis no Museo de Historia Natural de Tolosa

O seu hábitat de cría son os pantanos e pozas da tundra, mais tamén toda a costa ártica e os lagos grandes de montaña, estendéndose desde Alasca, ao longo do norte do Canadá, e o norte de Europa ata Siberia.

É unha ave migratoria que pasa o inverno nas costas nororientais e noroccidentais de Norteamérica, a rexión dos Grandes Lagos, as costas de Groenlandia e do norte de Europa e Asia, incluídas algunhas illas árticas como as Svalbard ou Nova Zembla. A área de invernada máis importante é o mar Báltico, onde chegan a concentrarse preto de 4,5 millóns destes patos. Tamén pasan o inverno arredor das illas Británicas, os Alpes e algúns chegan mesmo ata o mar Negro e en menor cantidade ao Mediterráneo. En Galicia é un invernante esporádico.[3]

Comportamento

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Femia con crías en Islandia.

É unha ave gregaria que forma grandes bandadas en inverno e durante a migración. Voa rapidamente e durante a súa migración pode alcanzar ata os 100 km/h.

Fai o seu niño en terra preto da auga, ao abeiro da vexetación e constrúeo usando herba e talos, e forrado interiormente con follas e penuxe da femia.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase mergullándose en busca de moluscos, crustáceos e algúns pequenos peixes, xeralmente en zonas próximas á superficie ou a profunddades entre os 10 e 15 m, aínda que pode chegar a profundidades de ata 60 m.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (1): 121-138.
  3. 1 2 3 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004): Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii, p. 126.
  5. 1 2 Clangula hyemalis (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 17 de nopvembro de 2022.
  6. 1 2 Clangula hyemalis (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 17 de novembro de 2022.
  7. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  8. Frank Gill & David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List versión 5.1.
  9. Janet Kear (2005): Ducks, Geese and Swans: Species accounts (Cairina to Mergus). Oxford University Press, volumen 2. ISBN 0-1986-1009-2, p. 723.
  10. Hiemālis en An Elementary Latin Dictionary de Charlton T. Lewis.
  11. Gál, Erika; Hír, János; Kessler, Eugén y Kókay, József (1998-99): Középsõ-miocén õsmaradványok, a Mátraszõlõs, Rákóczi-kápolna alatti útbevágásból. I. A Mátraszõlõs 1. lelõhely [Middle Miocene fossils from the sections at the Rákóczi chapel at Mátraszolos. Locality Mátraszõlõs I.]. Folia Histórico Naturalia Musei Matraensis 23: 33-78. [en húngaro con resumo en inglés] Texto completo en PDF Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
  • Lars Svensson e Peter J. Grant (1998): Collins Bird Guide. Londres: HarperCollins. ISBN 978-0-0072-6814-6. p. 64.
  • Chris Kightley e Steve Madge (2002): Pocket Guide to the Birds of Britain and North-West Europe. Eastbourne, Reino Unido: Gardners Books. ISBN 978-0-7136-6444-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]