Hastings é unha cidade e un municipio do sueste de Inglaterra, no condado de East Sussex. A poboación rondaba os 90.600 habitantes en 2022[1].
Hastings é coñecida como unha estación costeira e pola Batalla de Hastings de 1066, que en realidade tivo lugar na cidade de Battle, non moi lonxe.
Hastings foi un dos Cinque Ports, mais a súa importancia como porto decaeu despois da Idade Media, e a pesca converteuse na súa actividade principal. A cidade mostrou unha modesta expansión na segunda metade do século XX.
Baines FSA, John Manwaring (1963). Historic Hastings. F J Parsons Ltd.
Challis, Christopher Edgar; I Stewart; NJ Mayhew; GP Dyer; PP Gaspar (1993). "The English and Norman Mints, c. 600–1158". A New History of the Royal Mint. Cambridge University Press. p.40. ISBN978-0-521-24026-0. Arquivado dende o orixinal o 2 January 2014. Consultado o 31 March 2008.