As primeiras bases do futuro Estatuto de Roma foron estabelecidas en xullo de 1994 pola Comisión de Dereito Internacional, mais non foi até 1995 que as primeiras negociacións comezaron nas Nacións Unidas (ONU). Tras dúas reunións da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, decídese crear un Comité preparatorio (tamén chamado de PrepCom) que tiña como obxectivo propor un proxecto de Estatuto. O PrepCom tivo dúas reunións en 1996, tres en 1997 e unha última en 1998, cando un proxecto de Estatuto foi presentado.
O Estatuto de Roma está dividido en 13 capítulos, que á súa vez están divididos en diversos artigos. Velaí unha presentación do asunto dos distintos capítulos:
Capítulo 1: Define o que é a CPI
Capítulo 2: Define as competencias da CPI
Capítulo 3: Define as competencias das distintas partes non incluídas na CPI
Capítulo 4: Define a composición da CPI
Capítulo 5: Define o papel das distintas partes da CPI
Capítulo 6: Define os principios segundo os cales deben se desenvolven os xuízos
Capítulo 7: Define as penas aplicabades aos individuos declarados culpábeis
Capítulo 8: Define os procedementos de chamamento e de revisión dos xuízos
Capítulo 9: Define os principios de cooperación das distintas partes coa CPI
Capítulo 10: Define os procedementos de execución das penas
Capítulo 11: Define os principios de funcionamento da Asemblea dos Estados membros
Capítulo 12: Define as modalidades de financiamento da CPI
Capítulo 13: Define a data de entrada en vigor da CPI, así como a de a revisión de seu estatuto