Río Cinca
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| Altitude inicial | 2.590 m | ||||
| División administrativa | Bielsa, España | ||||
| Localización | ibón de Marboré (en) | ||||
| Final | |||||
| Altitude final | 72 m | ||||
| División administrativa | Segrià, España | ||||
| Localización | Massalcoreig | ||||
| Desembocadura | Río Segre (Aiguabarreig Segre-Cinca (en) | ||||
| |||||
| Afluentes | Río Ésera, Río Ara, España, Río Vero (en) | ||||
| Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
| Características | |||||
| Dimensións | 170 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 9.000 km² | ||||

O río Cinca é un curso fluvial aragonés, o segundo máis caudaloso da comunidade autónoma. É un afluente do Segre pola súa beira dereita, e polo tanto un subafluente do Ebro.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Cinca nace nos Pireneos, no lago de Pineta a uns 2.500 msnm, baixo o pico de Tres Sorores, na comarca do Sobrarbe. O seu curso toma unha dirección N-S, aínda que vai devalando lixeiramente cara a oriente. Durante o seu curso medio atravesa localidades como Fraga, Monzón e Barbastro. Desauga no Segre á altura da Granja d'Escarp, poucos quilómetros antes da confluencia deste río co Ebro.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Pola dereita:
Pola esquerda:
Límite lingüístico
[editar | editar a fonte]O curso baixo do Cinca marca, actualmente, a fronteira lingüística entre o catalán e o castelán (no pasado co aragonés). Atravesa localidades importantes da Franja del Ponent (a zona lingüística catalá occidental) como son Fraga e Massalcoreig, a única poboación administrativamente catalá do seu curso.
Explotación
[editar | editar a fonte]No curso alto do Cinca están situados os encoros de Lo Grau e Mediano
Protección ambiental
[editar | editar a fonte]No seu curso alto nace dentro do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido. No lado catalán, a contorna do sistema Segre-Cinca está protexido como Espazo de Interese Natural.

