Aomori (青森市, あおもりし, Aomori-shi en xaponés) é unha cidade e concello do Xapón, capital da prefectura de Aomori. Situada no norte da illa de Honshū, en 2005 a cidade tiña unha poboación de 314.768 habitantes.
En 1625 créase o porto que deu orixe a un asentamento permanente nos seus arredores. O ferrocaril chega en 1891, e poucos anos despois, en 1898, obtén o título de cidade.