Alma Jodorowsky
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de setembro de 1991 París |
| Educación | Escola de Cinema de Nova York |
| Altura | 174 cm |
| Actividade | |
| Ocupación | modelo, directora de cinema, cantante, actriz de cinema, actriz, modelo |
| Familia | |
| Pais | Brontis Jodorowsky |
Alma Jodorowsky, nada en París o 26 de setembro de 1991, é unha actriz, modelo e cantante francesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jodorowsky é neta de Alejandro Jodorowsky, director de cine xudeu ucraíno emigrado a Chile.[2] O seu pai é o actor Brontis Jodorowsky, o fillo máis vello de Alejandro con Bernadette Landru.
Jodorowsky comezou a súa aprendizaxe como actriz nos teatros de París e no Conservatoire du XIVe. No 2011, asistiu a un "workshop" de tres meses na Academia de Cine de Nova York, e no 2013 graduouse no Studio Theatre D'Asnières.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2006 | Gaspard le Bandit | Mathilde de Varade | Telefilme |
| 2011 | Eyes Find Eyes | Estelle | |
| Section de recherche | Caroline | Serie de televisión (1 episodio: No.5.3) | |
| Awake to Emptiness | Alma | Curtametraxe | |
| 2012 | Sea, No Sex and Sun | Diane | |
| 2013 | La Vie d'Adèle | Béatrice | |
| 2014 | Avec le temps | Solana | Serie de televisión |
| 2015 | Kids in Love | Evelyn | Ealing Studios |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alma Jodorowsky: actor, model, singer & songwriter". The Coveteur. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
- ↑ "Where To Meet: Alma Jodorowsky". Ten Days in Paris. 5 de febreiro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2013.
- ↑ Vatinet, David. "Alma Jodorowsky". Agents Associés (en francés). Consultado o 19 de outubro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alma Jodorowsky na IMDb (en inglés).
