close
Saltar ao contido

Aeroxerador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroxerador
 Nome curto
   ВЭУ (ru)   Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
 Causa de
Características
 Caracterizado por
 Fonte de enerxía
Datas
 Descuberta / invención
1887 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01d2_z Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2986715156 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 69029
Wikidata G:Commons C:Commons

Un aeroxerador,[1][2] muíño eólico ou muíño de vento é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribúe ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas máis avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis,[3] ben por riba da media da UE.

Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos.[4]

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

Un aeroxerador dividese en tres partes:

  • Torre: canto máis alta, mellor.
  • Aspas: canto máis grandes, máis potencia.
  • Nacele: Contén a caixa de engrenaxes e o xerador.

A caixa de engrenaxes é necesaria porque as aspas xiran a unha velocidade moi baixa e é necesario axustala ao réxime do xerador, tradicionalmente unha máquina asíncrona.

Segundo a súa tipoloxía existen tres tipos de sistemas.

Vídeo dun aeroxerador en funcionamento.

Características

[editar | editar a fonte]

Os xeradores teñen aumentado moito o seu tamaño, pois a superficie varrida polas aspas é proporcional á potencia subministrada, que tamén aumenta coa velocidades das mesmas, facendo que en total a potencia aumente co cubo do radio das aspas. No 2019 existen xeradores de máis de 120 m de diámetro da superficie varrida polas aspas.[5]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Fabricantes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aeroxerador.
  2. Voz aeroxerador. Gran Dicionario Xerais da Lingua. Edicións Xerais, Vigo, 2009.
  3. Artigo de Xabier Vázquez Pumariño
  4. "Proposta de Víctor Freixanes". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2009.
  5. "Menos es más en los parques eólicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2019-02-17.