A mobella grande ou movella grande (Gavia immer) é unha especie de ave da familia das movellas (Gaviidae). Os adultos reprodutores teñen unha plumaxe cunha cabeza ancha e pescozo negros coas partes superiores dun ton verdoso ou purpúreo, denegrido ou gris denegrido, e partes ventrais brancas, excepto algunhas cobertoiras negras debaixo da cola e ano. Os adultos non reprodutores son pardos con pescozo e cabeza negros marcados con marrón agrisado escuro; as súas partes superiores son pardas agrisadas escuras cun debuxo pouco claro de cadrados nos ombros, e as partes ventrais, parte inferior da cara, meixelas e garganta abrancazadas. Os sexos son de aparencia similar, aínda que os machos son significativamente máis grandes e pesados que as femias. Durante a estación reprodutora, viven en lagos e outras vías acuáticas do Canadá, norte dos Estados Unidos (incluída Alasca), e no sur de Groenlandia e Islandia. Ademais, un pequeno número reprodúcese en Svalbard e esporadicamente noutras partes do Ártico de Eurasia. As movellas grandes invernan en ambas as costas dos Estados Unidos chegando polo sur ata México, e no Atlántico ás costas europeas, incluíndo ás veces as costas galegas.
Comen unha ampla variedade de animais como peixes, crustáceos, larvas de insectos, moluscos e ocasionalmente plantas acuáticas. Tragan a maioría das súas presas baixo a auga, onde as capturaron, xa que se mergullan, pero algunhas que son moi grandes lévanas á superficie. Son reprodutores monógamos estacionais. Ambos os membros da parella traballan na construción do niño feito de herbas de pantano mortas e outras plantas que amontoan nas beiras con vexetación de lagos. Crían unha soa camada por ano e a posta consta dun ou dous ovos ovais marróns oliváceos con pintas marróns que son incubados durante 24 ou 25 días por ambos os proxenitores. As crías son alimentados polo pai e nai e empluman en 70 a 77 días. Os polos poden mergullarse e voan ás súas áreas de invernada antes de que se forme o xeo no outono.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 171454 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 410 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.