close
Saltar ao contido

Pernik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pernik
 Nome orixinal
   Перник (bg)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Перник (bg)  
Pernik (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Implicados
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
65.317 (2025)
93.741 (1998)
104.146 (1998)
92.723 (1999)
103.514 (1999)
92.856 (2000)
99.322 (2000)
92.077 (2001)
95.749 (2001)
28.500 (1946)
40.000 (1952)
84.536 (2002)
82.650 (2003)
81.674 (2004)
80.900 (2005)
80.588 (2006)
79.727 (2007)
79.438 (2008)
78.920 (2009)
77.879 (2010)
79.169 (2011)
78.371 (2012)
77.382 (2013)
76.247 (2014)
74.824 (2015)
74.110 (2016)
73.638 (2017)
73.111 (2018)
72.241 (2019)
71.504 (2020)
70.285 (2021)
66.991 (2022)
66.261 (2023)
65.799 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   72,289 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   710 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal2300 Editar o valor en Wikidata
VIAF147745260 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/077jfq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Pernik (en búlgaro: Перник) é unha cidade do oeste de Bulgaria, capital da provincia homónima. Está situada a ambas as beiras do río Struma, no val homónimo, entre as montañas Viskyar, Vitosha e Golo Bardo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase a uns 30 km ao sueste de Sofía.

BERJAYA
Ruínas da fortaleza medieval de Krakra nos arredores de Pernik

Orixinalmente foi o lugar dunha fortaleza tracia fundada no século IV a.C. e, posteriormente, asediada polos romanos. Pasou a formar parte do Imperio Búlgaro a principios do século IX como unha importante fortaleza. O nome "Pernik" posiblemente provén do deus eslavo Perún, co sufixo -nik (ou -ik) engadido, e menciónase por primeira vez no século IX.

A cidade medieval foi un clave bastión búlgaro durante as guerras do tsar Samuel contra o Imperio Bizantino no século XI, cando foi gobernada polo nobre Krakra de Pernik, resistindo os asedios bizantinos en varias ocasións. A cidade foi ocupada por Estevo Nemanja, que foi Gran Príncipe de Raska entre 1190 e 1191.

BERJAYA
A oficina central de minería (construída 1929-1932)

Dende 1396 ata 1878 a cidade estivo baixo o dominio otomán. No século XX, Pernik desenvolveuse rapidamente como centro de minería de carbón e industria pesada. Durante o réxime comunista de Bulgaria, a cidade chamouse Dimitrov entre 1949 e 1962, despois da morte do líder comunista búlgaro Georgi Dimitrov. Pernik é o centro da metalurxia de Bulgaria, agora coñecido como "Stomana Industry".