Kit de Desenvolvemento de Java
| Kit de Desenvolvemento de Java | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O Kit de Desenvolvemento de Java (JDK) é unha distribución de tecnoloxía Java da Oracle Corporation. Implementa a Especificación da Linguaxe Java (JLS) e a Especificación da Máquina Virtual Java (JVMS), ademais de proporcionar a Edición Estándar (SE) da Interface de Programación de Aplicacións Java (API). É un derivado do OpenJDK, impulsado pola comunidade e xestionado por Oracle.[1] Proporciona software para traballar con aplicacións de Java. Algúns exemplos de software incluídos no JDK son a máquina virtual de Java, un compilador, ferramentas de control do rendemento, un depurador, e outras utilidades que Oracle considera útiles para programadores de Java.
Oracle liberou a versión actual do software baixo a licenza de Termos e Condicións sen Taxas de Oracle (NFTC). Liberaron os binarios para a arquitectura x86-64 para os sistemas operativos baseados en Windows, macOS, e Linux, e para a arquitectura aarch64 de macOS e Linux. As versións anteriores soportaban o sistema operativo Oracle Solaris e a arquitectura SPARC.
A implementación principal da JVMS de Oracle coñécese como HotSpot (máquina virtual).
Contidos do JDK
[editar | editar a fonte]O JDK ten como os seus principais compoñentes unha colección de ferramentas de programación, que inclúen:
- appletviewer – Esta ferramenta pódese usar para executar e depurar applets de Java sen un navegador web.
- apt - A ferramenta de procesamento de anotacións.[2]
- extcheck – Unha utilidade que detecta conflitos de ficheiro JAR.
- idlj – O compilador de IDL a Java. Esta utilidade xera ligazóns Java dende un ficheiro IDL de Java dado.
- jabswitch – A Ponte de Acceso a Java. Expón tecnoloxías de asistencia en sistemas Microsoft Windows.
- java – O cargador para aplicacións de Java. Esta ferramenta é un intérprete que pode interpretar os ficheiros de clase xerados polo compilador javac. Con isto úsase un único lanzador tanto para o desenvolvemento como para o despregamento. O antigo lanzador de implementación, jre, xa non inclúe o JDK Sun e, no seu lugar, foi substituído por este novo cargador Java.
- javac – O compilador Java, o cal converte código fonte a bytecode de Java.
- javadoc – O xerador de documentación, o cal automaticamente xera documentación a partir de comentarios do código fonte.
- jar – O arquivador, o cal empaqueta bibliotecas de clases relacionadas nun único ficheiro JAR. Esta ferramenta tamén axuda a xestionar ficheiros JAR.
- javafxpackager – Ferramenta para empaquetar e asinar aplicacións JavaFX.
- jarsigner – A ferramenta de sinatura e verificación de ficheiros JAR.
- javah – O xerador de cabeceiras e stubs de C, usado para escribir métodos nativos.
- javap – O desensamblador de ficheiros de clase.
- javaws – O lanzador de Java Web Start para aplicacións JNLP.
- JConsole – Consola de monitorización e xestión de Java.
- jdb – O depurador.
- jhat – Ferramenta de Análise do Heap de Java. (experimental)
- jinfo – Esta utilidade consegue información de configuración dun proceso de Java en execución ou dun crush dump. (experimental)
- jmap Oracle jmap – Mapa de memoria - Esta utilidade produce o mapa de memoria para Java e pode imprimir mapas de memoria de obxectos compartidos ou detalles da memoria dinámica dun proceso ou volcado de núcleo determinado. (experimental)
- jmc – Control de Misión de Java.
- jpackage – Unha ferramenta para xerar paquetes de aplicacións autónomos. (experimental)
- jps – A ferramenta de estado do proceso de máquinas virtuais de Java enumera as máquinas virtuais de Java (JVM) HotSpot instrumentadas no sistema obxectivo. (experimental)
- jrunscript – shell de script de liña de comandos de Java.
- jshell – Un bucle de lectura-avaliación-impresión introducido en Java 9.
- jstack – Utilidade que imprime os rastros da pila dos fíos de Java. (experimental)
- jstat – Ferramenta de monitorización de estatísticas de Máquinas Virtuais de Java. (experimental)
- jstatd – demonio do jstat (experimental)
- keytool – Ferramenta para manipular o keystore (almacén de chaves).
- pack200 – ferramenta de compresión JAR.
- policytool – A ferramenta de creación e xestión de políticas, que pode determinar a política para o tempo de execución de Java, especificando que permisos están dispoñibles para o código de varias fontes.
- VisualVM – Ferramenta visual que integra varias ferramentas JDK por liña de comandos e capacidades lixeiras de perfís de memoria e rendemento (xa non se inclúe en JDK 9+)
- wsimport – Xera artefactos JAX-WS portátiles para invocar un servizo web.
- xjc – Parte da API de Java para a vinculación XML (JAXB). Acepta un esquema XML e xera clases Java.
As ferramentas experimentais poden non estar dispoñíbeis en versións futuras do JDK.
O JDK vén tamén cunha Contorna de Execución de Java (JRE) completo, normalmente chamada contorna de execución privada, debido a que está separado do JRE "normal" e ten contido adicional. Consiste nunha máquina virtual Java e todas as bibliotecas de clase presentes no ambiente de produción, así como as bibliotecas adicionais útiles só para os desenvolvedores, como as bibliotecas de internacionalización e as bibliotecas de IDL.
Copias do JDK tamén inclúen unha ampla selección de programas de exemplo que mostran o uso de case todas as porcións da API de Java.
Outros JDKs
[editar | editar a fonte]Máis alá do JDK máis amplamente utilizado falado neste artigo, hai outros JDKs xeralmente dispoñíbles para unha variedade de plataformas, algúns dos cales arrancaron desde a fonte do JDK Sun e outros que non. Todos se adhiren ás especificacións básicas de Java, mais a miúdo difiren en áreas explicitamente non especificadas, como a recolección de lixo, estratexias de compilación, e técnicas de optimización. Inclúen:
En modo de desenvolvemento ou de mantemento:
- Azul Sistemas Zing, JDK de baixa latencia para Linux;[3]
- Azul Sistemas / Zulu baseado en OpenJDK para Linux, Windows, Mac OS X, sistemas embebidos e a nube;[4]
- OpenJDK / IcedTea;
- Aicas JamaicaVM;
- IBM J9 JDK, para AIX, Linux, Windows, MVS, OS/400, Pocker PC, z/OS;[5]
Descontinuadas ou sen mantemento:
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Preguntas Frecuentes do OpenJDK". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2021.
- ↑ "Apt de Oracle".
- ↑ "Produtos de Azul".
- ↑ "Descargar JDK de Zulu".
- ↑ "JDK de IBM".
- ↑ "Mac OS Runtime for Java 2.2.6: Information and Download". docs.info.apple.com.
- ↑ "Blackdown Java-Linux-Contact".
- ↑ "Información de Blackdown".
- ↑ "Oracle JRockit en tempo real".
