close
Saltar ao contido

Colombo

Colombo
 Nome orixinal
කොළඹ (si)  
كٗۻُمْبُ (ta)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   කොළඹ (si)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
 Parte de
Características
 Lingua oficial
 Economía
Implicados
 Membro de
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
647.557 (2025)
752.993 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   37.321.728 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+05:30 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal00000–09999 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap16132 Editar o valor en Wikidata
VIAF138381336 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fn7r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: 100092730128935 Youtube: UC3i2pdQpp9FbMOuRT2--7CQ BNE: XX5682281 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Colombo (en cingalés: කොළඹ; en támil: கொழும்பு) é a principal cidade de Sri Lanka con 642.163 habitantes (2001) e máis de 2 millóns na área metropolitana. Está situada na costa suroccidental do país e, durante seiscentos anos, foi unha das capitais do país. En 1977 a capitalidade foi transferida para a próxima Sri Jayawardenapura-Kotte, mais Colombo segue a ser o centro económico do estado.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Vista de Colombo e o lago Beira.

O espazo da cidade é unha mestura de terra e auga, pois posúe numerosos canais e, no mesmo corazón do casco urbano, conta co lago Beira de 65 ha de superficie, que constitúe un dos lugares emblemáticos da localidade. O norte e nordeste da cidade están bordeados polo río Kelani, que desauga no mar no barrio denominado Modera (Mōdara en cingalés), que significa "delta de río".

O clima de Colombo é de temperaturas relativamente moderadas: 31 °C entre marzo e abril e 22 °C nos meses invernais. A maior alteración ocorre durante as estacións do monzón, entre maio e agosto, e entre outubro e xaneiro, nos que se poden esperar fortes chuvias. A media anual de precipitacións é de 2.400 mm.

O nome Colombo foi introducido polos portugueses en 1505. Semella derivado do termo cingalés clásico kolon thota, que significa "porto sobre o río Kelani". Outra teoría supón que deriva da expresión cingalesa kola-amba-thota, que significa "porto con árbores frondosas de mango".

Economía

[editar | editar a fonte]

Colombo é un dos portos máis activos do océano Índico, a través do cal transitan boa parte dos produtos de exportación da illa: , caucho, aceite de coco, copra e pedras preciosas.

Posúe industrias de trasformación (manufacturas de tabaco, fabricas téxtiles etc) e un complexo siderúrxico.

Colombo foi xa coñecida polos mercadores romanos, chineses e árabes hai centos de anos. Foi durante séculos un porto frecuentado polos navegantes árabes, pois acabaron por ocupala desde o século VIII, e controlaban desde a cidade o tráfico para o interior da illa. No XVI os portugueses botaron da cidade os musulmáns, levantando unha fortaleza para protexer o tráfico de especias.

Os holandeses conquistárona en 1656, logo dun épico asedio, ao termo do cal os portugueses sobreviventes recibiron un salvoconduto. Colombo foi entón a capital dos territorios marítimos da Compañía Holandesa das Indias Orientais até 1796.

Os británicos fixéronse con ela e convertérona na capital da nova colonia de Ceilán. Sri Lanka obtivo a independencia pacificamente en 1948, e Colombo tornouse a capital do novo estado.

As distintas ocupacións estranxeiras tiveron un enorme impacto na cultura local, ben visíbeis na arquitectura da cidade.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]