YAML é un acrónimo recursivo que significa YAML Ain't Markup Language (en galego, «YAML non é unha linguaxe de marcado»). No comezo do seu desenvolvemento, YAML significaba «Yet Another Markup Language» (outra linguaxe de marcado máis) para distinguir o seu propósito centrado nos datos en lugar do marcado de documentos. Con todo, dado que XML se emprega frecuentemente para serializar datos e XML é unha auténtica linguaxe de marcado de documentos, é razoable considerar YAML coma unha linguaxe de marcado lixeiro.