close
Saltar ao contido

Showgirls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Showgirls
 Instancia de
 Título
Showgirls (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
showgirl (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
25 de xaneiro de 1996 (Alemaña)
1995 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 131 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2.35:1 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF194765260 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-25A5-0000-S-0000-0000-R Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0n83s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
25/100 Metacritic (3 de febreiro de 2026)
23% Rotten Tomatoes (4 de febreiro de 2025)
3.9/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0114436 Filmaffinity: 461751 Allocine: 13804 Rottentomatoes: m/showgirls Mojo: showgirls Allmovie: v135793 TCM: 90055 Metacritic: movie/showgirls Netlix: 962109 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Showgirls é un filme estadounidense erótico e de drama de 1995, que foi dirixido polo director neerlandés Paul Verhoeven.

Ambientado en Las Vegas, foi para Verhoeven o seu seguinte proxecto após o éxito de 1992 Basic Instinct (Instinto básico). Verhoeven adquirira unha posición envexábel en Hollywood grazas ás boas recadacións dos seus últimos filmes; non só Basic Instinct, senón tamén RoboCop e Total Recall. Por iso, gozou de infrecuente liberdade e un gran orzamento para o seu seguinte proxecto, pensado como mestura de musical e thriller erótico, na liña da súa película anterior, que lanzara á fama a Sharon Stone. Pero neste caso, Verhoeven incluíu un matiz caricaturesco ou grotesco, máis europeo ca americano, que en parte explica as malas críticas recibidas polo filme. Do mesmo xeito que o seguinte, Starship Troopers, non foi ben recibido polo público, ao utilizar un senso do humor de retranca e unha estética «kitsch» que era deliberada, non resultado dunha mala planificación.

O filme narra as peripecias dunha moza provinciana, Nomi Malone, en Las Vegas, onde acode coa intención de converterse en estrela dos shows dos grandes casinos da cidade. Iníciase como bailarina erótica en tugurios de medio pelo, e logo, grazas a diversos avatares, vai escalando postos. Coñecerá tanto a bos amigos como a xente depravada, o que dá pé a escenas de subido contido sexual, aínda que o peculiar erotismo do director inclúe sempre un senso grotesco ou basto do sexo, que parece anglosaxón pero remite ao cinema do norte de Europa.

A súa antagónica ou «inimiga» no filme é Crystal Connors, estrela á que Nomi pretende substituír. Foi interpretada por Gina Gershon, quen logo insistiría en papeis similares, de mulleres turbias en canto a moral e preferencias sexuais.

No triángulo amoroso-sexual, o personaxe masculino recaeu en Kyle MacLachlan, actor famoso pola serie Twin Peaks.

A película incluía rechamantes números coreográficos, ao gusto de Las Vegas, gusto que non debería achacarse a Verhoeven senón á particular realidade da cidade, que se reproduciu con fidelidade. A banda sonora inclúe un par de cancións compostas por Dave Stewart (compañeiro de Annie Lennox no dúo Eurythmics) pero o seu tema máis lembrado é o que soa na escena de lap dance: "Wasted Time", do grupo My Life with the Thrill Kill Kult.

  • Elizabeth Berkley como Nomi Malone.
  • Kyle MacLachlan como Zack Carey.
  • Gina Gershon como Crystal Connors.
  • Glenn Plummer como James Smith.
  • Robert Davi como Al Torres.
  • Gina Ravera como Molly Abrams.
  • Patrick Bristow como Marty Jacobsen.
  • Rena Riffel como Penny/Hope.
  • Alan Rachins como Tony Moss.
  • Lin Tucci como Henrietta Bazoom.
  • Greg Travis as Phil Newkirk.
  • Michelle Johnston como Gay Carpenter.
  • Al Ruscio como Sr. Karlman.
  • Melissa Williams como Julie.
  • Dewey Weber como Jeff.
  • William Shockley como Andrew Carver.
  • Melinda Songer como Nicky.
  • Matt Battaglia como gardacostas.
  • Geoff Callan como borracho no Cheetah.

Recepción

[editar | editar a fonte]

Showgirls recibiu críticas moi duras e fracasou nos portelos inicialmente; custando uns 45 millóns de dólares,[1][2] a súa explotación comercial nos cinemas non chegou aos 38 millóns.[3] Pero de maneira sorprendente, o filme acadou o status de «pracer culpábel» e converteuse nun grande éxito nos videoclubs, recadando 100 millóns de dólares por alugueiro en formato VHS.[1] Posteriormente, cineastas serios como Jim Jarmusch e Jacques Rivette eloxiaron o filme, vendo nel un transfondo satírico e unha crítica social.

A película foi protagonizada por unha incipiente Elizabeth Berkley, estrela de televisión (Saved by the Bell) que con este filme arriscado, quizais, esperaba irromper no cinema coa mesma enerxía que Sharon Stone. Porén, as críticas foron demoledoras e ela viuse prexudicada, o que se agravou polas súas abundantes escenas de espido, xustificadas na trama pero que desvalorizaban a súa actuación aos ollos da crítica. Polo menos, a actriz puido proseguir a súa carreira con outros papeis, un deles como secundaria ás ordes de Woody Allen (The Curse of the Jade Scorpion). Tamén traballou con papeis breves en The Real Blonde de Tom DiCillo e Any Given Sunday de Oliver Stone.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]