close
Saltar ao contido

Iria (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iria
 Instancia de
 Nome orixinal
Iria (mul) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 139187
Wikidata C:Commons

Iria[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o topónimo prerromano da antiga sé da diocese compostelá de Iria Flavia, no actual concello de Padrón. A etimoloxía do nome é incerta e non se puido asociar a ningunha hipótese de maneira satisfactoria.[2] É un nome moi popular dende as últimas décadas do século XX, sendo o nome distintivo galego máis común nas mulleres.[2]

En xaneiro de 2023 existían 6.132 mulleres en Galicia co nome Iria, cunha media de idade de 24,7 anos.[3]

Historia do nome

[editar | editar a fonte]

Iria foi unha antiga cidade galaica do convento xurídico lucense. No ano 74, durante o mandato de Vespasiano, converteuse en municipium e adoptou o nome de Iria Flavia na honra á familia do emperador.[2]

  1. "Ímoslle chamar..." (PDF). Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. 1 2 3 4 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Iria na Web do Instituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]