Buzzcocks
| Buzzcocks | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Buzzcocks é unha banda inglesa de punk rock formada en Bolton en 1976 polo vocalista e guitarrista Pete Shelley. Son considerados unha importante influencia na escena musical de Manchester, o movemento discográfico independente, o punk rock, o powerpop, o pop punk e o indie rock. Acadaron o éxito comercial con sinxelos que fusionaban as estruturas pop coa enerxía do punk.
O nome "Buzzcocks" foi escollido por Howard Devoto e Pete Shelley despois de ler o titular "it's the buzz, cocks!" nunha recensión da serie de televisión Rock Follies na revista Time Out. O "buzz" é a excitación de tocar nun escenario; "cock" na xerga de Manchester significa colega.
Aínda que non tiveron tanta proxección como os tamén ingleses Sex Pistols e The Clash, os Buzzcocks foron referencia para bandas coma The Libertines, Green Day ou The Offspring (que versionaron o seu tema "Autonomy"). Fine Young Cannibals, Anti-Flag, Billy Talent e Thursday versionaron a súa canción "Ever Fallen in Love", mentres que Nirvana convidounos para que fosen os abreconcertos na que sería a súa derradeira xira europea.
Discografía
[editar | editar a fonte]Steve Diggle, Pete Shelley, John Maher,
Chris Remmington, @ Hellfest 2013.
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Another Music in a Different Kitchen | 1978 | United Artists Records |
| Love Bites | 1978 | United Artists Records |
| A Different Kind of Tension | 1979 | United Artists Records |
| Trade Test Transmissions | 1993 | Castle |
| All Set | 1996 | I.R.S. Records |
| Modern | 1999 | Go-Kart Records |
| Buzzcocks | 2003 | Merge Records |
| Flat-Pack Philosophy | 2006 | Cooking Vinyl |
| The Way | 2014 | PledgeMusic |
| Sonics in the Soul | 2022 | Cherry Red Records |
| Attitude Adjustment | 2026 | Cherry Red Records |
