Reservation Dogs é unha serie de televisión estadounidense creada por Sterlin Harjo e Taika Waititi para FX Productions. É a primeira serie notábel con guionistas e directores indíxenas, así como un elenco e un equipo de produción case completamente composto por indíxenas norteamericanos.[1][2][3] É tamén a primeira serie rodada completamente en Oklahoma.[1][4] A serie estreouse a través de FX on Hulu[5] o 9 de agosto de 2021,[6] (Día Internacional dos Pobos Indíxenas).[7] En setembro de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada,[8] e a unha terceira en 2022,[9] a cal se estreou o 2 de agosto de 2023.[10] A serie rematou o 27 de setembro de 2023.
A serie conta a historia de catro adolescentes indíxenas nunha zona rural de Oklahoma, mentres pasan os días cometendo crimes e loitando por chegar a California.[11]
A serie estreouse en FX on Hulu nos Estados Unidos o 9 de agosto de 2021. Nos mercados internacinais, distribuíuse a través de Star no servizo de vídeo en liña Disney+. En América Latina, estreouse como serie orixinal de Star+.[5][6] Na India, os oito episodios da tempada 1 estreáronse en Disney+ Hotstar o 2 de outubro de 2021.[14]
12Starr, Michael (3 de agosto de 2021). "Oklahoma teens California dreaming in 'Reservation Dogs'". New York Post. Consultado o 13 de agosto de 2021. The eight-episode series is notable for two firsts: using an entirely Indigenous creative team (behind-the-scenes and in front of the camera) and shooting its entire season in Oklahoma (never done before for a scripted series). Note: Oklahoma is recognized as Indian Territory, a distinction that was upheld by the 2020 Supreme Court decision, McGirt v. Oklahoma.