close
Saltar ao contido

Rávena

(Redirección desde «Ravenna»)
Rávena
 Nome orixinal
   Ravenna (it)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Ravenna (it)  
Ravvena (it)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
ravennate (it)  
ravenà (vec)  
ravennati (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
 Ten en propiendade
Historia
 Acontecementos importantes
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
155.751 (2023)
159.039 (2016)
159.162 (2016)
146.989 (2004)
159.115 (2018)
159.057 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   653,82 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   4 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal48121–48125 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap42955 Editar o valor en Wikidata
VIAF279348621 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09b93 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX453920
Wikidata G:Commons C:Commons

Rávena[1] (en italiano Ravenna, en romañolo Ravèna) é unha cidade ao norte de Italia na Emilia-Romaña, é a capital da provincia homónima. Sitúase na chaira nororiental da Romaña, a poucos quilómetros do Mar Adriático. O municipio ten unha poboación de case 160.000[2] habitantes, dos cales a maior parte viven no núcleo urbano.

Rávena é famosa polos seus monumentos bizantinos e paleocristiáns que revelan a súa orixe antiga e o seu papel histórico no desenvolvemento italiano. A 36 quilómetros da cidade esténdense os lidi ravennati, praias inmensas no verde da famosa costa romañola.

En Rávena atópase enterrado Dante Alighieri, autor d’A Divina Comedia.

BERJAYA
Torre da Catedral
  • As orixes de Rávena remóntanse á metade do II milenio antes da nosa era. No período romano, a cidade tivo certa importancia estratéxica pola súa situación fronteiriza. En tempos de Xulio César construíuse un porto na localidade veciña de Classe, a uns oito quilómetros do centro de Rávena.
  • No ano 402 o emperador Honorio trasladou trasladou á cidade desde Milán a capital do Imperio Romano de Occidente. A solidez das súas murallas e as excelentes comunicacións do seu porto co Mediterráneo oriental motivaron esta decisión.
  • Logo da desaparición do Imperio Romano de Occidente no 476, a cidade continuou a ser capital dos reinos xermánicos de Italia. Os reis Odoacro (476-493) e Teodorico (493-526) continuaron o engrandecemento da cidade.
  • O reino ostrogodo entrou en crise trala morte de Teodorico. Os bizantinos interviron abertamente na política do reino a partir do 535, en que se desencadean as Guerras Góticas. A cidade será tomada polo xeneral bizantino Belisario no 540. Converterase entón en sé do exarca enviado desde Constantinopla para gobernar Italia. A cidade permanecerá baixo dominio bizantino até o 751, cando é ocupada polos longobardos. Os compases iniciais do exarcado, baixo a autoridade do emperador Xustiniano e da súa esposa Teodora (século VI), sinalan o momento de máximo esplendor da cidade.
  • No século XV pasou aos venecianos e no século seguinte á Igrexa, baixo a que permaneceu ata a Unidade de Italia.

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Ten importantes edificios paleocristiáns, como o oratorio de San Lorenzo, coñecido como o mausoleo de Gala Placidia, e os baptisterios ortodoxo e ariano. Os edificios máis impoñentes son a basílica ariana, construída por Teodorico (hoxe dedicada a San Apolinar) e a da San Vidal, construída por Xustiniano I.

Nas proximidades da cidade atópase a basílica de San Apolinar, que pertencía ao porto de Clase, hoxe desaparecido. Este edificio é máis antigo que as basílicas da cidade.

Demografía

[editar | editar a fonte]
BERJAYA

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]