close
Saltar ao contido

Pomerania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pomerania
 Xentilicio
   Pomeranian (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Localización
 País
 Bañado por
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Superficie
   38.401 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF130764401 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/061th Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Pomerania (en polaco Pomorze) é unha rexión histórica de Centroeuropa, que actualmente forma parte dos estados de Alemaña e Polonia. En 2001 tiña 6 631 765 habitantes, nunha área de 67 865 km².

Nun inicio terra de pobos eslavos, foi colonizada pouco a pouco por invasores xermánicos, até rematar formando parte do Reino de Prusia a mediados do século XVII. A súa historia vai moi ligada a unha minoría falante de caxubo, que conforma a rexión de Caxubia.

A parte oriental foi asignada a Polonia trala segunda guerra mundial, xunto con outros territorios con poboación mesturada entre polacos e alemáns. Actualmente, a Pomerania Occidental forma parte do estado federal alemán de Mecklemburgo-Antepomerania, e ten unha poboación de 595 888 habitantes segundo datos de 2001, nunha extensión de 8 701 km². A Pomerania polaca ten 59 164 km² e unha poboación de 6 025 877 habitantes.

A súa principal cidade e Gdańsk ou Danzig, protagonista dunha resolución do Tratado de Versalles que a converteu en cidade libre antes de volver ser ocupada pola Alemaña nazi en 1939.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.