close
Saltar ao contido

Opportunity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Opportunity / Mars Exploration Rover B / MER B
BERJAYA
Opportunity sobre Marte
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de xullo de 2003, 4:18 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta 7925H[2][4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[2][4][5]
NSSDC ID2003-032A
Masa185 kg[2]

Opportunity, orixinalmente coñecido como Mars Exploration Rover B ou MER-1, foi un rover de exploración marciana dos Estados Unidos lanzado o 8 de xullo de 2003 mediante un foguete Delta 7925H desde Cabo Cañaveral.[1][2][4][5][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Opportunity foi, xunto con Spirit, un dos rovers enviados en 2003 a Marte para explorar a súa atmosfera e superficie. Opportunity aterrou en Marte o 25 de xaneiro de 2004 en Meridiani Planum mediante un sistema de paracaídas, retrofoguetes e airbags, levando a bordo unha cámara panorámica, un espectrómetro de emisións termais (Mini-TES), un espectrómetro de raios X (APXS), un espectrómetro Mossbauer, un microscopio e unha ferramenta de abrasión para rochas (RAT).[1][2][4][5][3]

O seu obxectivo era buscar e caracterizar os distintos tipos de rochas e solos na superficie marciana buscando sinais de actividade acuática no pasado, estudar a distribución e composición dos minerais, rochas e solos arredor da zona de aterraxe, estudar os procesos xeolóxicos e químicos que moldearon o terreo local, contrastar con medicións a nivel de terra os datos obtidos polas sondas en órbita, buscar minerais ricos en ferro e outros cunha posible orixe relacionada co auga e buscar sinais xeolóxicos das condicións ambientais no pasado que puideran estar relacionadas co auga líquida.[1][2][4][5][3]

O chasis do rover tiña forma de caixa montada sobre seis rodas, contendo a electrónica e sobre a cal se atopaba a cuberta triangular da que sobresaía o mastro da cámara panorámica, a antena de alta ganancia, a de baixa ganancia, as antenas UHF e o obxectivo de calibración da cámara. Nos laterais da cuberta triangular atopábanse os paneis solares que daban ata 140 W de potencia ao rover. Do frontal da caixa estendíase un brazo robótico con varios instrumentos no seu extremo para estudar o terreo e as rochas. Cada roda do rover tiña o seu propio motor, coas rodas frontais e traseiras podendo xirar de maneira independente. A velocidade máxima do rover era de 3,75 cm/s, aínda que os protocolos de evitamento de riscos rebaixaban esa velocidade a 1 cm/s, podendo superar superficies de 45 graos de inclinación.[1][2][4][5][3]

  1. 1 2 3 4 5 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS EXPLORER ROVER B" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (28 de outubro de 2022). "Opportunity" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2023.
  3. 1 2 3 4 5 "Notes verbales dated 13 and 17 November 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-89777 (E)). 18 de novembro de 2003: 2. Consultado o 7 de xullo de 2023.
  4. 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Mars Exploration Rover A, B (MER A, B / Spirit / Opportunity)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2023). "MER" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]