close
Saltar ao contido

Minami Torishima

Minami Torishima
 Nome orixinal
   BERJAYA 南鳥島 (ja)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   BERJAYA 南鳥島 (ja)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Clasificación climática
Datas
 Descuberta / invención
1694 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   0 (2012) estimated population (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   1,5 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   1,5 km Editar o valor en Wikidata
 Perímetro
   6 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1,46 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   9 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal110-2100 Editar o valor en Wikidata
VIAF315136978 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01bg3v Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Minami Torishima (南鳥島) ou Illa Marcus é unha illa illada localizada ao noroeste do océano Pacífico. O significado en xaponés é "Illa dos paxaros do sur". Posúe unha área de 1,2 km². É o territorio máis oriental do Xapón a 1.848 km ao sueste de Tokyo, e a 1.267 km ao leste da illa xaponesa máis próxima, Minami Iōjima nas Illas Ogasawara, e forma unha liña entre Tokyo e a Illa Wake, que está a 1.415 km ao leste-sueste. A illa máis próxima é Farallón de Paxaros nas Illas Marianas, que está a 1.021 km ao oeste-suroeste.

Administrativamente forma parte do concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Tokyo no Xapón.

A illa foi descuberta polo capitán español Andrés de Arriola en 1694, na viaxe de retorno desde Manila a Acapulco, pero a súa localización non foi rexistrada ata o século XIX. É mencionada por primeira vez en 1864, dando unha posición por unha nave de observación dos Estados Unidos en 1874 e en 1879, Kiozaemon Saito pisou terra. O Xapón oficialmente reclamou a illa o 19 de xullo de 1898.

Durante a segunda guerra mundial 4.000 soldados xaponeses estiveron estacionados na illa, a cal foi atacada pola Mariña dos Estados Unidos en 1943, sen conseguir a súa rendición ou ocupación. A illa é usada na actualidade para a observación meteorolóxica e ten unha pequena estación de radio.