close
Saltar ao contido

Megaloceros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Megaloceros
 Nome taxon
   BERJAYA Megaloceros Joshua Brookes 1828 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
  • M. antecedens
  • M. cazioti
  • M. dawkinsi
  • M. giganteus (especie tipo)
  • M. luochuanensis
  • M. obscurus
  • M. pachyosteus
  • M. savini
  • M. verticornis
 Sinonimia
  • Megaceroides
  • Megaceros
  • Orthogonoceros
  • Praemegaceros
  • Sinomegaceros
e véxase o texto
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaCervidae
SubfamiliaCervinae
XéneroMegaloceros Editar o valor en Wikidata
Brookes, 1828 Megaloceros Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   2 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 2.600.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
século LXXVII a. C. Editar o valor en Wikidata
 Período de aparición
Localización
 Lugar de descuberta
 Endémico en
Códigos e identificadores
Freebase/m/02p32f9 Editar o valor en Wikidata
OTT789246 Editar o valor en Wikidata
EOL4446578 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Os cervos do xénero extinto Megaloceros - (do grego: megalos + keras, literalmente "corno grande"); véxase tamén Lister (1987)[1] - que foron achados a través da Eurasia do Plioceno até o Plistoceno superior, foron herbívoros moi expandidos durante as idades do xeo. A especie maior, M. giganteus, denominada comunmente como o "alce irlandés" ou "cervo xigante", é tamén a máis coñecida.

Moitos dos membros deste xénero eran animais grandes que preferían ambientes de pradeiras ou bosques abertos, con moitas especies cunha media de algo menos de 2 metros de altura até a cruz. Moitas especies mediterráneas, por outro lado, son exemplos clásicos de ananismo insular, como a especies da Sardeña (e tamén Córsega; ambas illas estiveron unidas durante a maior parte do Plistoceno) M. cazioti, que chegaría a 1 metro de alto. As varias especies do xénero cretense Candiacervus - a menor das cales, C. rhopalophorus só medía 65 cm de alto até os ombros - que ás veces son incluídas en Megaloceros como un subxénero.

BERJAYA
Esqueleto de Megaloceros giganteus

Como se podería deducir do nome "alce irlandés", a especie maior tiña certa similitude morfolóxica cos actuais alces. Mais, demostrouse que isto era unha consecuencia do incremento de tamaño. En realidade, estaba máis emparentado cos actuais gamos (xénero Dama, de modo que Megaloceros foi parte dunha ampla radiación de finais do Neoxeno de parentes dos gamos dos cales só persisten dous taxons na actualidade.(Lister et al. 2005, Hughes et al. 2006)

O número de especies no xénero Megaloceros é controversial: algunhas veces o xénero úsase de maneira moi restrinxida. No caso máis extremo, limítase a M. antecedens e M. giganteus, sendo as outras separadas en Praemegaceros (liñaxe europea) e Sinomegaceros (liñaxe de Asia oriental). Aínda que o último é probablemente válido como subxénero, o primeiro taxon require de máis investigación sobre as súas relacións con Megaloceros sensu stricto e con Candiacervus en particular.

Especies en orde cronolóxica

[editar | editar a fonte]
BERJAYA
Cranio de Megaloceros (Praemegaceros) obscurus.
  • M. obscurus
A especie máis antiga do Plistoceno temperá de Europa. Tiña longas hastas curvadas.
  • M. luochuanensis
Unha especie de principios a mediados do Plistoceno encontrada no loess de Shaanxi na China.
BERJAYA
Cornos de Megaloceros (Praemegaceros) verticornis
  • M. verticornis
De principios a mediados do Plistoceno, relacionado con M. obscurus. Atopado polo sur de Europa. Pénsase que puido ser o antecedente das especies mediterráneas, e de Candiacervus.
BERJAYA
Cornamenta de Megaloceros antecedens.
  • M. antecedens
Moi similar a M. giganteus, até o punto de que é considerado ás veces como unha subespecie deste último. As hastas difiren en que son máis compactas, e as puntas cerca da base son grandes e palmadas. Atopado na Alemaña do Plistoceno medio.
  • M. pachyosteus
Plistoceno medio da China e o Xapón. Posuía hastas longas e curvas.
  • M. savini
Especie do Plistoceno medio, algo maior que un caribú, achado orixinalmente cerca de Sainte Savine, Francia. Os seus cornos eran rectos, con picos similares a espiñas. As puntas máis próximas á base eran palmadas.
  • M. cazioti
Especie anana do Mediterráneo do Plistoceno medio da Sardeña e Córsega. Con cerca dun metro até os ombros, crese que descende de M. verticornis.
  • M. dawkinsi
Unha especie do Plistoceno tardío nativa de Gran Bretaña, moi similar a M. savini. Os primeiros habitantes humanos das illas británicas poderían telo visto, xa que se atoparon algúns fragmentos de corno que foron tallados como rústicas ferramentas.
A maior, mellor coñecida e das últimas especies do xénero, medía máis de 2 metros até os ombros. Atopado ao longo da Eurasia, desde Irlanda á China durante a última era de xeo.
  1. Lister, A.M. (1987): Megaceros or Megaloceros? The nomenclature of the giant deer. Quaternary Newsletter 52: 14-16.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]