Lages é unha cidade brasileira do estado de Santa Catarina localizada na rexión da Serra Catarinense a uns 916 m sobre o nivel do mar. O seu clima é subtropical, con temperaturas máximas no verán de 35°C e mínimas no inverno que poden chegar a -7,4°C, coa ocorrencia de xeadas e ata mesmo neve.
A economía da cidade baséase na agricultura (principalmente de froitas de clima frío, como a mazá) e gandaría, na industria de celulose, e tamén no turismo, polas súas paisaxes vexetais privilexiadas, o seu clima e a súa vida rural. A estrada que fai a ligazón co litoral é considerada un importante corredor turístico. Eventos como a Festa da Maçã (mazá) e a Festa do Pinhão tamén atraen moitos visitantes.