close
Saltar ao contido

Cemiterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cemiterio
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Estudado por
Características
 Aspecto de
 Manifestación de
Implicados
 Usado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h36z Editar o valor en Wikidata
MeSHD055699 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525519
Wikidata G:Commons C:Commons
BERJAYA
Cemiterio en Cospeito, Lugo.
BERJAYA
Flores no cemiterio de Ortigueira.

Un cemiterio[1] ou camposanto[2] é un lugar onde se depositan os cadáveres, os restos mortais dunha persoa defunta.

Características

[editar | editar a fonte]

As necrópoles existiron desde hai ben tempo. Xa durante o megalitismo construíronse dolmens para deixar os corpos das persoas falecidas.

O proceso de inhumación varía segundo a cultura do lugar. Os corpos poden introducirse en ataúdes, féretros ou sarcófagos, ou simplemente ser envoltos en teas. Á vez, ben poden ser sepultados baixo terra ou depositados en nichos, mausoleos ou outro tipo de sepulturas. Tamén é común a cremación cos corpos e o depósito das cinzas no cemiterio.

Usualmente, os cemiterios son comunitarios, atopándose no recinto as tumbas dos membros da comunidade, sen chegar a ser tumbas colectivas, pois cada defunto ten o seu propio espazo determinado aínda que, por decisión familiar, tamén poden enterrarse varios familiares no mesmo lugar.

A palabra cemiterio procede do termo grego koimetérion ("dormitorio"), pois segundo o cristianismo, os corpos dormen até o día da resurrección. No caso dos cemiterios católicos, tamén son coñecidos co nome de camposantos. Esta denominación comezou a usarse en Pisa, onde se soterrou con terra traída de Xerusalén o cemiterio construído no século XIII dentro da cidade.[Cómpre referencia]

É un lugar por tradición asociado a numerosas lendas e mitos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cemiterio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camposanto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]