close
Saltar ao contido

Cegoña negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cegoña negra
Ciconia nigra
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   C. nigra (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
BERJAYA
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCiconiiformes
FamiliaCiconiidae
TriboCiconiini
XéneroCiconia
EspecieCiconia nigra Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Ciconia nigra Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   1,5 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   3,5 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Ave do Ano (2014) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01jhmx Editar o valor en Wikidata
ITIS174909 Editar o valor en Wikidata
OTT549527 Editar o valor en Wikidata
UICN22697669 Editar o valor en Wikidata
CoL5YTSK Editar o valor en Wikidata
EOL45513557 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A cegoña negra[1] (Ciconia nigra) é unha especie monotípica, e considérase como o taxon máis primitivo do xénero Ciconia (del Hoyo et al. 1992).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Algo menor que a familiar cegoña branca, ten unha altura de 90–100 cm, e unha envergadura que supera os 160 cm. O peso aproximado é de 3 kg. O adulto presenta unha plumaxe negra pola súa parte dorsal: pescozo, cola e peito, con irisacións “metálicas” verdes e moradas, moi patentes na cabeza, o pescozo, o dorso e as cobertoiras alares. As partes inferiores teñen plumas brancas na zona axilar, zona ventral, coxas e infracobertoiras caudais, que son extraordinariamente longas.

Nos adultos, a carúncula (o "anel" arredor do ollo), pico e patas, ausentes de plumas, presentan unha cor vermella intensa que produce unha marcada contraste coa cor branca e negra da plumaxe. O iris é marrón.

Non existe dimorfismo acusado entre macho e femia. O macho presenta un tamaño algo maior, e a estrutura do pico nalgúns exemplares pode chegar a ser moi patente, cun pico máis robusto e algo curvo respecto á femia.

Os individuos novos cando abandonan o niño diferéncianse dos adultos porque a carúncula, patas e peteiro non teñen cor vermella, e a plumaxe dorsal, a da cabeza e o pescozo non é negra. A cor da carúncula é marrón ou parda agrisada, a do peteiro e patas varía entre branca agrisada a verde oliva ou amarelo. As plumas da cabeza, pescozo e peito son de cor marrón, coas puntas brancas, o que lle confire un aspecto pencado. O resto da plumaxe do dorso é tamén de tonalidades marróns escuras, o que fai que no campo as aves novas teñan dorsalmente un aspecto marrón achocolatado.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-27.