close
Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

BERJAYA

BERJAYA

Artigo destacado

BERJAYA

Mary Wollstonecraft, nada en Spitalfields, Londres o 27 de abril de 1759 e finada o 10 de setembro de 1797, foi unha filósofa, escritora inglesa e defensora dos dereitos das mulleres. Durante a súa breve carreira, escribiu novelas, tratados, unha narración de viaxe, unha historia da Revolución Francesa, un manual de conduta e un libro para a mocidade. Wollstonecraft é coñecida por Vindicación dos dereitos da muller (1792), onde argumenta que as mulleres non son naturalmente inferiores aos varóns, mais semellan selo porque non reciben a mesma educación. Ela suxire que tanto varóns coma mulleres deben ser tratados como seres racionais e imaxina unha orde social fundada pola razón. Con esta obra estableceu as bases do feminismo moderno e converteuna nunha das mulleres máis populares de Europa da época.

Ata finais do século XX, a vida de Wollstonecraft, que abranguía varías relacións persoais non convencionais, recibía máis atención que a súa obra. Despois de dous malos asuntos con Henry Fuseli e Gilbert Imlay (con quen tivo unha filla, Fanny Imlay), casou co filósofo William Godwin, un dos devanceiros do movemento anarquista. Wollstonecraft finou á idade de 38 anos, once días despois de dar a luz a súa segunda filla, ficando atrás varios manuscritos inacabados. Esta filla, Mary Wollstoncraft Godwin, converteuse nunha consumada escritora, como Mary Shelley, a autora de Frankenstein ou o moderno Prometeo.

BERJAYA

BERJAYA

Sobre Galicia

BERJAYA

María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño, nada na Coruña o 2 de marzo de 1880 e finada na mesma cidade o 20 de novembro de 1970, foi unha pedagoga, escritora, tradutora, lingüista, publicista, conferenciante e profesora galega. Introduciu en Galicia os principios do Método Montessori, así como os métodos do belga Ovide Decroly.

BERJAYA

BERJAYA

Tal día coma hoxe no ano...

BERJAYA

Hoxe é o día da Independencia de Paquistán.

BERJAYA

BERJAYA

Imaxe do día

BERJAYA

BERJAYA

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

BERJAYA

BERJAYA

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

BERJAYA

BERJAYA

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 173331 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 369 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento