Byte (revista)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Byte (homónimos).
| Byte | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Byte foi unha revista estadounidense fundada por Wayne Green, unha das máis influentes publicacións sobre ordenadores persoais desde a segunda metade da década de 1970 e a través dos anos 1980, por conta da súa ampla cobertura editorial.
Características
[editar | editar a fonte]Mentres moitas revistas da época se dedicaran á plataforma MS-DOS ou ao Apple Macintosh, principalmente so o punto de vista do usuario corporativo, Byte cubría o desenvolvemento en todo o campo dos «microordenadores e software», e algunhas veces incluía reportaxes en profundidade sobre outros campos da computación, tales como superordenadores e computación de alta fiabilidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rande, Jay; Nash, Alan (1993). The Best of Byte. McGraw-Hill Companies. ISBN 0-07-051344-9.
